http://o-escunchador.blogspot.com/

A página da Rifenha de Vimianço

Vimianço III. Valados

Filed under: Cousas minhas, Galiza — Rifenha at 5:03 pm on xoves, marzo 29, 2007

 PICT0057

 Umha das cousas mais lindas que produz o nosso clima húmido sao os valados .

Os de antes. Os de pedra.

PICT0069

Valados de Vimianço:

      

       PICT0068

De seguro as fotos nao sao boas. Nao tenho experiência em fotos. Sao as primeiras que fago. Mas os valados ejercem sobre mim umha fascinaçao desde que tenho memória. Sao  micromundos mágicos . Bosques de musgo e fieitinhos povoados de fadas e velhinhas de fazer o caldo. Espaços de vida vegetal entre pedras húmidas e velhas, que vao acumulando terra  em suas fendas para criar universos de beleça que só pode descobrir umha mirada atenta e amorosa.

     

Valados de Vimianço. Tesouros de vida pequena em tamanho mas enorme em fermosura.

Chuzame! chúzame -

3 Comments »

Comment by paideleo

2007-03-29 @ 9.55 pm

O Suso atinou co agasallo. Unha cámara é un bo complemento das túas palabras.
A min gústanme tamén esas imaxes típicas que van esmorecendo. Un muro cuberto de couselos ten máis beleza ca un xardín con flores. O carro de vacas é unha imaxe case imposible de conseguir na actualidade. Eu vin un matrimonio vello cun carro deses pero non tiña a cámara a man e fastidieime.
En Arbo, cando é a festa do Libramento poñen un carro con rapaces vestidos de anxo. Pois xa leva tres anos que tira do carro un tractor que xa non hai xugadas de bois nin vacas.
Cousas que pasan.
Desfruta das vacacións.

Comment by ninsesabepuntocom

2007-03-30 @ 3.50 pm

Veña que nunca é tarde para aprender. As fotos son ben bonitas, seino eu.

Comment by rifenha

2007-03-30 @ 7.06 pm

Sodes muito generosos comigo.
Apertas e carinhos.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>