XIII asalto Irmandiño. Vimianço

Já ando outra volta co encargo de fazer um blogue sobre a festa do Asalto à fortaleça dos Moscoso, em Vimianço.

De momento, andamos a pôr os alicerces.

Se querés passar por alí, já levo postas sete entradas com material da festa do ano passado.

O endereço é: http://asaltovimianzo.wordpress.com

Verés como, se pasás a miudo polo blog, havedes de vir à festa.

Este ano vai ser criminal!

Visitá-me também no escunchador, ei? Que agora, como ando no wordpress português por imperativo ortográfico, não vaia ser que só venham os irmãos do alem Minho e os brasucas.

O blog do asalto, anda polos eidos do blog em galego com grafias do espanhol porque, ao não ser algo de tema pessoal, adaptei-me às preferências dos organizadores.

Não tenho ainda as neuronas para debates de grafias. Nem para outros, por desgraça. Ou por sorte, que nunca se sabe.

Bom. Muitas apertas para todos e todas.

Bicos dos desta beira do Minho e beijos dos da outra.

Umha Rifenha verdadeira

Ainda que eu me considere rifenha de coração, agora já não sou a Rifenha de Vimianço. Agora em Vimianço, há duas rifenhas verdadeiras, umha da tribo Bakoia por seu pai e Takrait por parte de mãe.

Assim que, já vedes. Pedigree rifenho polas quatro esquinas.

Bom, pois esta rifenhinha de primeiro da ESO, gosta muito de fedelhar na rede e é muito amiga, assim que, quando ela goste, pode escrever entradas no escunchador, para que saibades mais cousas da sua vida aquí, em Vimianço, e também do Rif .

Este é seu primeiro post, e eu deixo-a sozinha, para que ela escreba o que queira e como queira.

Al Hoseima

Al Hoseima (en árabe الحسيمة, ‘Al-Hoseima’ que significa ‘lavanda’ e en español Alhucemas) é unha cidade e provincia de Marrocos.

Está situada na costa marroquina mediterránea, na parte oriental da baía e xunto ao penedo de Alhucemas.

  • Historia

A actual A Hoseima tivo a súa orixe nun asentamento insignificante no século XVII, pero non é unha verdadeira cidade ata despois do desembarco de Al Hoseima levado a cabo polas tropas españolas durante a guerra do Rif (1926). Con todo, daquela chamóuselle Villa Sanjurjo, polo xeneral Sanjurjo, un dos protagonistas dese desembarco.

Durante a II República pasou a denominarse Villa Alhucemas, aínda que logo o réxime franquista restituíu novamente o nome de Villa Sanjurjo, que xa se mantivo durante o resto do protectorado español, ata o ano 1956 en que Marrocos accedeu á independencia. A partir desa data pasou a chamarse Al-Hoseima, en árabe, segundo a denominación marroquí.

Como legado da cultura española, quedan na vila numerosos edificios construídos durante a época do xeneral Sanjurjo. Así, atópase nesta cidade o Colexio Español Melchor de Jovellanos, dirixido polo Estado español. Este conta cunha arquitectura similar a edificios do sur de España e foi en orixe un cuartel militar.

Na actualidade é unha cidade de vacacións de verán, frecuentada polo turismo, na súa maioría do norte de Europa, debido ás súas fermosas praias, en especial Praia Quemado, e á beleza da súa contorna, entre a cordilleira do Rif e as augas do Mediterráneo. Conta con instalacións turísticas destacadas, como o Club Med, o complexo Chafarinas ou o hotel Mohamed V.

Con todo, a cidade atópase afastada do nivel de desenvolvemento do resto do Marrocos turístico, cunha importante falta de infraestruturas e de promoción. Á marxe das estradas que chegan á cidade, no verán establécese un servizo marítimo que comunica a cidade con Málaga, nun treito de aproximadamente unhas 11 horas.

Al Hoseima e os seus arredores sufriron un importante sismo de 6,5 graos na escala Ritcher o 24 de Febreiro de 2004, que causou graves danos materiais e provocou a morte de cando menos 560 persoas.

  • Poboación:

Malia que se estima en 60.000 habitantes a súa poboación, non se pode saber con exactitude, pois existe un alto índice de poboación que vive no campo. A división de poboación na rexión de Al Hoseima é a seguinte: Al Hoseima 55.216, Imzurem 9.642, Bni Buaiach 13.128, Targuist 9.593, mais unha poboación rural que debe roldar os 297.000 habitantes (2005).

Imagens do Rexoubeo do mes passado

Na Taberna O Petouco, de Vimianço:

Rexoubeo

Segundo a minha filha, esta montagem saiu-me algo punki, mas agora não a vou mudar.

Veredes. É que continuo sem sair da casa. Hoje volvi ao psiquiatra e disse que troque o Litio por outro medicamento, que seica o litio não me vem bem, por mor de que me faz eliminar muito potásio e não é bom. Mesmo explicou o meu anojo rebotado, ainda que não muito vissível, dos últimos tempos, pola falta de potásio que tem repercussões no hipotálamo.

Assim que, já sabedes. A música punki é por mor do Li que faz que tenha pouco K. com o conseguinte rebotamento.

Pero…Gosto de como queda esta música, que nem sequer conheço, com as imagens da gente do meu povo. Algo rebotado, últimamente polas subidas abusivas de impostos.

Força!!!!

Rexoubeo em Vimianço

Volve o Rexoubeo a Vimianço este fim de semana.

Deixo-vos aquí o cartaz, para que vos animedes.

Se andades perto, não o perdades, porque este Natal hà muito rexoubeo e muita marcha na minha vila:

Pois eso.
Feliz Rexoubeo

Causa-efeito ou aqueles pós trazem estas lamas

E pois é.

Após de voltas, reviravoltas e manobras várias, no goberno municipal de Vimianço, as cousas vem vindo ao rego, como já falamos no seu momento que ía passar.

O outro dia, celebrou-se um pleno no que, mália o troco de dia, a assistência de vizinhos fui notável.

Ia-se decidir umha subida dos impostos municipais de até o 300% em algúns casos. E, ainda que a política a muitos dos meus vizinhos lhe resulte alheia, o pecúlio é algo muito íntimo e pessoal para todos nós. Sem diferências.

Bom. Pois resulta que o nosso concelho seica tem umha débeda por mor da “faraónica” Casa da Cultura que supõe uns pagos de 6000 euros mensuais durante 15 anos. Se pensamos que as obras correram por conta do irmão do alcalde, como vem sendo habitual, a cousa anoja bastante aos vizinhos. Seica tem outras débedas contraidas amais da dos 6000euros e, como ademais, o senhor alcalde sempre levou a política de empregar no Concelho a familiares, amigos, gestores de voto e demais, os salários de toda a plana municipal sobem a um “queicó”, em palàvras de minha avoa Dolores.

Pero a cousa não queda aí.

Porque a senhora Borbujo, aquela doutora da quen vos falava em tempos de eleições, representabnte do PP vimiancês, também quere a sua parte da talhada e já começou a “colocar” a algúns dos seus.

Postas assim as cousas, e, sabendo a orde do dia, não me estranha que os vizinhos estiver interesados.

A senhora Borbujo, num primeiro momento, diz que o seu grupo se vai abster, e assim o faz na comissão prévia ao Pleno, o que daria um resultado favorável ao grupo de governo, com os votos do BNG em contra. Se os do PP votar na contra, o tema já não vai ao Pleno. Mas a sua abstenção dou via livre à proposta.

Por motivos que desconheço, mas que posso supôr, a senhora Borbujo, o dia do pleno, votou em contra, com todo o seu grupo.

E, até aquí, tudo bem. Mudou de ideia.
Se não for por umha manobra que aos vizinhos lhe anojou mais, por interpretar como um menosprezo à sua inteligência .

Resulta que no grupo do PP faltava umha concelheira, que ficava na clínica de Cée, ingresada por urgências essa mesma nuite. Testigos oculares confirmam que chegou no seu carro, preguntando por um doutor de parte da doutora Borbujo…
Assim era perfeito: A senhora Borbujo ficava bem com os vizinhos e não traizoava os compromisos de “Cacabelos” pactados com a plana maior do poder municipal na vila do Berço durante a campanha.

Resultado: Empate e desempate com o voto de qualidade do alcalde. Subida dos impostos até completar os 700 euros anuais aproximados por família.

E o lixo do concelho no vertedoiro do monte, coma hà trinta anos.

Como vedes, a política municipal do meu concelho não me faz sentir orgulhosa.

Os vizinhos castigaram ao alcalde nas últimas eleições votando ao PP e a umha senhora que não conhecemos por não levar muito tempo com nós.

Agora, desses pós, vem estas lamas que nos apertam a faldriqueira.

É o que há.

PD: Só umha c ousa boa em todo este asunto: La Voz de Galicia informou a verdade verdadeira ao dia seguinte. A ver se não vira.

Manifesto

MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ

rede_galega_de_bitacoras

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados no Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.

Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.

Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.

Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.

Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.

Ria de Ferrol

Dixo Calidonia:

“Como xa anunciei na lista de Blogaliza e falando con algunha xente da internet galega, este sábado varios blogueir@s imos ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que xa manifestaron o seu entusiasmo por este apoio, e aproveitar para botar un polBo solidario na mesma parroquia onde se ergue o enxendro.

A Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá ten un blogue e nel podedes comprobar que levan case dous meses pechados, recibindo visitas e mostras de solidariedade de cidadáns, intelectuais e artistas como: Mabel Rivera, Joao Afonso, Luís Pastor, Sala NASA, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Lino Braxe, Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Faltriqueira, Eva Veiga, Antón Reixa, Os Cempés… así como de diversas asociacións e colectivos de natureza diversa.

A idea é que estaría moi ben que a rede galega e a cidadanía activa non ficara á marxe deste movemento. Por iso propóñoche que mostres o teu apoio aos veciños, de varios xeitos:

Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel.

Publicando esta convocatoria ou o texto do manifesto no teu blogue ou páxina web. Estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a apena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida. Podes aproveitar se queres este deseño feito por Artritris.

Xantando un polbo solidario na parroquia de Meá, confirmando a túa asistencia deixando un comentario nesta mesma anotación. Nos comentarios iremos informando do que se vaia pechando e concertando a respecto desta cita (detalles do xantar, desprazamentos compartidos e demais detalles). A reserva de prazas para o xantar hai que facela antes do venres 21 a mediodía (14h), un día antes do xantar. O único fixo no menú é o polbo, e imos tentar que o prezo sexa todo o proporcionado que poidamos e limitado ao que custe.

A cita é en Mugardos este sábado día 22 ás 13::00 h en frente da Casa do Concello. Este é o lugar onde combinarmos.

Segue lendo ‘Polbo solidario’

 

Nossa Senhora dos frutos

Esta fim de semana fui a romaria da Virgem da Barca e as suas pedras mágicas:

“Nossa senhora da Barca,

tem a porta cara o mar.

Um pouquinho mais abaixo,

tá a pedra de abalar “

Também a Guadalupe, em Rianjo, que, ademais é negra, como as antigas deusas da terra e da fertilidade, talhadas em obsidiana negra. Símbolo da terra, escuridade onde tem de durmir a semente para germolar.

A Virgem de Guadalupe

quando vai pola ribeira.

Descalzinha pola areia,

parez umha rianjeira”.

Na beiramar e no interior.

Setembro é o que tem. È tempo de frutos maduros, cereais nas tulhas – o milho é moderno, veu das américas- e vendimas de ácios e de maçães.

A iconografia das virgens de setembro, quase sempre as apresenta coroadas de estrelas e com a lua aos seus pés.

Estrelas-constelações- e lua que marcam o tempo da agricultura e também da pesca:

Sementeiras, colheitas, tempo de sardinha, de ameixas e berberechos, de luras…

Estas romarias são, ao meu ver, preciosas.

Verdadeiras festas de catarse coleitiva nas que, mentras dura a noite, a gente entrega-se á orgia da desinhibição total e, logo, ao abrir o dia, vai subindo cara as pedras que arrodeiam o santuário, para receber o sol purificador.

Com o cansaço da nuite reflectido na cara.

Hà quem se identifica para os da sua tribo, com sombreiros de charro, de cow-boy ou com panos de pirata.

A lus do dia é terreio da festa mais organiçada: A misa, os exvotos de cera, as ofreças, as estampas do icono simbólico da virgem, a processão , a traca que ameaça com estoupar a vila enteira, as merendas, e, o menos divertido: O negócio do crego, que enche sacas de dinheiro negro.

Mas suposso que nos ritos de colheitas antigos, passaria o mesmo. Porque os humanos somos assim desde sempre, e sempre hà aproveitados e cobiçosos que se aproveitam da boa fé dos demais.

Mas essas são as contradicções da vida. E mesmo do mundo e, e se me apuram, do cosmos:

“O que quer lamber o mel tem de se picar com os agulhões”

Assim dizia minha avoa.

Mália tudo, a festa da Nossa Senhora das Colheitas, segue viva, e esso indica que ainda não nos desvinculamos totalmente da terra que nos alimenta. Coma umha mãe nutrícia. Os seus icones seguem vivos ainda por toda a geografia da nossa feminina e maternal terra.

“Una gran señal apareció en el cielo: una Mujer, vestida del sol, con la luna bajo sus pies, y una corona de doce estrellas sobre su cabeza; está encinta, y grita con dolores del parto y con el tormento de dar a luz…”

(Apocalipsis 12:1-2, Biblia de Jerusalén)

Doce estrelas. Doce meses do ano. O sol, a lua, o parto. Faz falta algo mais para saber ?

La vida te da sorpresas….

símbolos da costa da morte

José Carrera sigue vivo entre los muros del edificio que financió

Autor:
Laura Matabuena
Fecha de publicación: 26/8/2007


Jose Carrera

El busto en granito de José Carrera, situado en el interior del edificio del Concello de Corcubión, tiene su propia historia. Contratada su realización en 1999 e inaugurado en 2001, a su autor, Jesús Fuentes Canosa, le quedaron adeudadas 300.000 pesetas de entonces. Debido a diversos retrasos en el pago, se topó con el cambio de corporación en el 2003, y el nuevo gobierno se desentendió del asunto. El artista había perdido ya toda esperanza de cobro, pero, por fin, Rafael Mouzo, en su retorno al despacho de la alcaldía, se ha propuesto poner fin próximamente a este problema.

En todo caso, en el municipio, la figura del filántropo recuerda, por encima de toda polémica, el rostro de uno de esos tantos emigrantes que al retornar a la patria reinvirtieron parte de su fortuna en su pueblo natal.

José Carrera Fábregas nació en la localidad corcubionesa en 1857, en el seno de una familia con cierto nivel social y cultural. De niño emigró con su hermano Juan a Buenos Aires, para intentar crearse un mejor porvenir. Nada más llegar alcanzó la confianza de sus jefes y, cuando decidió establecerse por libre, obtuvo su protección. Se casó con una dama argentina y acabó amasando una gran fortuna en puestos como el de vicepresidente del Banco de Galicia y del Banco de Buenos Aires. También perteneció a las Compañía España y Río de la Plata.

Falleció en la capital porteña el 17 de julio de 1918. Su pérdida fue muy sentida por sus paisanos, entre los que era conocido cariñosamente como Pepito Carrera. El cadáver fue repatriado una vez construido el edificio que luego albergó la fundación con su nombre, donde permaneció durante mucho tiempo la urna de zinc con sus cenizas.

La construcción de este inmueble se debe a uno de los postreros deseos de Carrera, reflejados en su testamento, que redactó unos años antes de su muerte. En él aparecían detalladas las características que debía tener el centro que quería financiar con parte de su herencia.

Aunque la idea original era la constitución de una escuela de artes y oficios, para la que había destinados un total de tres millones de pesos (nueve de las antiguas pesetas), el proyecto tomó otro camino. Finalmente, tras la presión de los albaceas y algunos amigos del fallecido, Clotilde, su viuda, destinó una parte del capital a la creación de la Escuela de Niños y Niñas. Todo esto fue gestionado, en parte, a través de la Fundación Benéfico Docente José Carrera, constituida el 1 de abril de 1930 y cuyo primer presidente fue su primo Alejandro Lastres Carrera.

Posteriormente fue utilizado para diversas instituciones educativas más. En 1973, por problemas económicos para su mantenimiento, fue cedido a la Administración, que habilitó allí un centro de EGB. A finales de los noventa se decidió su recuperación para la ubicación de la nueva sede del Concello.

Al acto inaugural de la obra acudieron las autoridades locales, encabezadas por el alcalde Rafael Mouzo, y personalidades de la política de la provincia, como el conselleiro de Xustiza, José Antonio Criado.

Pois sim, a vida da surpresas. A ver se o Susinho cobra dumha vez o que tanto trabalho lhe dou: dar-lhe forma em três dimensões a umha cabeça a partir do que só ea um quadro de corpo enteiro visto de meio lado.

A vida criativa e artística na Costa da Morte, náo é muito agradecida.

A náo ser que vivas, coma Man, cum tapa-rabos e apanhando as sobras dos supermercados.

Gaiteiros

 

 

Seguramente todos vós já sabedes, a tal hora, que o melhor gaiteiro do mundo, é um galego, segundo decidiu o jurado do prémio Mac Crimmon que, cada ano, se convoca no Festival Intercéltico de Lorient, em palàvras dos entendidos, o mais prestigiosso do mundo.

Também o terceiro prémio foi para um galego e…que casualidade…! Os dous de duas cidades que tem, a primeira, Lalim, umha Conservatório de Música Tradicional e Folque, e, no caso de Vigo, as clases de gaita impartem-se no Conservatório Superior de Música, junto com as e oboe e saxofone.

Pois nada, que me aleda muito que Edelmiro Fernández que, durante o curso 1999-2000 fui profesor da Escola de Gaitas de Camarinhas e Pablo de Vigo, acadasem esses prémios que os acreditam como os melhores gaiteiros do mundo.

Na Galiza hà muito talento individual. Falta que os que tem a responsabilidade, organicem as cauces para o desenvolver. Ou, polo menos, não pôr atrancos e sabe ver onde hà material humano para chegar a ser um pais merecente dos nossos gaiteiros.

E Já não digo mais.

Parabens aos galardoados e umha imagem de prestáncia de cavaleiro medieval e um virtuosismo digno de ver:

 

 

[gv data=”w-LmKp_WIxE” width=”425″ height=”350″][/gv]